Un Proxecto de:

Novas

🌱 Lugo segue enredando: competencias dixitais para impulsar o rural

Enredando Tour AMTEGA 2026 continuou a súa ruta por Galicia levando tecnoloxía, aprendizaxe e acompañamento dixital a todos os recunchos do país. Nas últimas semanas fixemos parada na provincia de Lugo, visitando os concellos de Cervantes, Portomarín, O Valadouro e Rábade, ademais do barrio do Tirimol, na cidade de Lugo.

Ao redor de 35 persoas participaron nos talleres e actividades de capacitación dixital, compartindo dúbidas, descubrindo novas ferramentas e mellorando as súas habilidades para desenvolverse con máis autonomía nun mundo cada vez máis dixital.

A transformación dixital é un reto que chega a todos os ámbitos da nosa vida. Por iso, falar de desenvolvemento rural tamén implica falar de competencias dixitais, acceso á tecnoloxía e oportunidades para participar plenamente na sociedade. Dispoñer de conexións, dispositivos e coñecementos dixitais resulta fundamental para realizar trámites administrativos, acceder a servizos de saúde, comunicarse coa familia, facer xestións bancarias ou aproveitar novas oportunidades de formación e participación social.

Desde Enredando Tour AMTEGA seguimos traballando para reducir a fenda dixital e achegar a tecnoloxía ás persoas, especialmente nos contornos rurais, onde a capacitación dixital contribúe a reforzar a autonomía, a inclusión social e a igualdade de oportunidades.

Grazas a todas as persoas participantes, aos concellos colaboradores e ás entidades que fan posible que sigamos sumando quilómetros e aprendizaxes compartidas. Seguimos en ruta!

📍 Paradas desta etapa: Cervantes, Portomarín, O Valadouro, Rábade e o barrio do Tirimol (Lugo).
👥 Participación: arredor de 35 persoas.

📱🌱 Seguimos sumando #QuilómetrosDixitais por Galicia

#EnredandoTourAMTEGA #GaliciaEDixital #CompetenciasDixitais #MedioRural

Etiquetas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.