Un Proxecto de:

Novas

📱 Dúbidas pequenas, grandes solucións: seguimos enredando por Galicia

O Enredando Tour AMTEGA 2026 continúa facendo paradas e sumando experiencias en toda Galicia. Nas últimas semanas estivemos en Coruxo (Vigo), Mazaricos, Vilaboa e Cangas, compartindo aprendizaxes, descubrindo novas ferramentas dixitais e, sobre todo, escoitando as necesidades das persoas participantes.

Porque se algo estamos a comprobar en cada parada é que moitas veces non fan falta grandes cursos para avanzar no mundo dixital. Ás veces, o máis importante é contar con alguén ao lado que resolva esa dúbida concreta que leva días, semanas ou mesmo meses esperando resposta.

📲 Como gardo un contacto? 📩 Onde atopo unha mensaxe que desapareceu? 🏦 Como podo consultar a miña banca electrónica con seguridade? 🛒 É fiable esta páxina para facer unha compra? ⚙️ Por que o meu móbil non funciona como antes?

A través do noso apoio dixital individualizado, as persoas maiores poden recibir orientación personalizada directamente no seu propio dispositivo, aprendendo a resolver situacións reais do seu día a día e gañando confianza no uso da tecnoloxía.

Cada consulta resolta é un paso máis cara á autonomía dixital. E iso é exactamente o que buscamos: que a tecnoloxía sexa unha ferramenta útil, accesible e ao alcance de todas as persoas, vivan onde vivan.

💙 Grazas a todas as persoas que se achegaron a compartir as súas preguntas, experiencias e ganas de seguir aprendendo. Seguimos facendo quilómetros dixitais!

Etiquetas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.