Un Proxecto de:

Novas

🚐 1.746 #QuilómetrosDixitais… e seguimos sumando!

O contador non para! Enredando Tour AMTEGA 2026 xa percorreu 1.746 #quilómetrosdixitais levando tecnoloxía, acompañamento e aprendizaxe a múltiples localidades galegas.

Ao longo destas semanas compartimos experiencias, resolvemos dúbidas, descubrimos novas ferramentas dixitais e, sobre todo, comprobamos unha vez máis que nunca é tarde para seguir aprendendo.

💙 Grazas a todas as persoas que se achegaron ás nosas paradas, ao voluntariado e aos equipos locais que fixeron posible cada encontro.

Pero isto aínda non remata… Agora poñemos rumbo cara á provincia de Lugo, onde nos esperan novas paradas, novas historias e moitas ganas de seguir enredando.

E, entre nós, podemos adiantarvos unha cousa: 👀 setembro traerá algunha sorpresa especial que estamos desexando compartir convosco.

De momento, seguimos en ruta!

#Enredando #QuilómetrosDixitais #EnredandoTourAMTEGA2026 #AutonomíaDixital #TecnoloxíaParaAsPersoas

Etiquetas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.