Un Proxecto de:

Novas

Balance: Enredando con… AMTEGA

Cruz Vermella e a AMTEGA promoveron a capacitación dixital de máis de 140 persoas con 55 e máis anos en Galicia

Cruz Vermella e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) fixeron balance deste circuíto, que percorreu 20 localidades das catro provincias galegas, o martes 03 de outubro en Santiago de Compostela, nun acto no que participaron José Luis Barreiro Conde, presidente comarcal de Cruz Vermella en Santiago de Compostela; Miguel Rodríguez Quelle, director de Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; así como representantes de ambas as entidades.

Un balance moi positivo… Máis de 140 persoas participaron nas distintas actividades do circuito, que se levaron a cabo entre o 10 de xullo e o 27 de setembro de 2023. Grazas a estos obradoiros, impartidos nun entorno lúdico e agradable polo persoal especializado e voluntariado, logrouse que as persoas participantes lle perderan o medo ás tecnoloxías e aparatos dixitais, que desenvolveran habilidades básicas para manexalas, aprender e avanzar, ao mesmo que consultaban dúbidas puntuais sobre o manexo de aplicacións, dispositivos etc.

En cada localidade impartíronse obradoiros nos que a duración de cada un dependía dos intereses das persoas participantes. Ademais, os menús formativos adaptáronse todo o posible ás necesidades das persoas, ao seu nivel de coñecemento tecnolóxico e aos seus intereses dixitais. Durante o “Enredando Tour Amtega” desenvolvéronse obradoiros que se traducen en máis de 100 horas de capacitacións en competencias dixitais básicas, e se recorreron cerca de 1.500 quilómetros para acompañalas nese proceso de capacitación.

Etiquetas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.