Así foi a segunda edición de #EnredandoTourR
🚑 Así foi a segunda edición de #EnredandoTourR con @cruzvermella. Esta vez percorremos coa nosa aula móbil localidades de Lugo e Pontevedra para lles achegar ás persoas maiores as novas tecnoloxías.
Agardámosvos o ano que vén! pic.twitter.com/K8dC65hSLw— R (@os_de_R) September 15, 2022
Esta vez percorrimos coa nosa aula móbil localidades de Lugo e Pontevedra para acercar ás persoas maiores novas tecnoloxías.
Máis de 200 persoas participaron nas distintas actividades do tour, entre o 20 e o 29 de Xullo. O 78,5% das persoas participantes nos obradoiros foron mulleres e a media de idade, de 75 anos. Das persoas asistentes ás formacións, un 41,7% manifestaron que o seu coñecemento dixital previo era baixo.
En cada unha das 6 localidades (Lugo, Chantada e A Fonsagrada, na provincia de Lugo e Vigo, Pontevedra e A Estrada, na de Pontevedra) instalouse a aula móbil de Cruz Roja e R. A actividade dirixiuse ás persoas de 60 e máis anos e a media de idade dos participantes foi de 73,5 anos.
Propuxéronse 4 menús/obradoiros para elexir, dedicados a abordar aplicacións e temáticas diferentes: navegar por internet; utilizar o WhatsApp para comunicarse; facer xestións cotidianas a través de internet, co Sergas, banca electrónica, compras online ou ben instalar/desinstalar apps e coñecer Youtube Kids. Os contenidos prantexados tiveron moi boa aceptación e o 49,5% das persoas consideraron a formación de moita utilidade para o seu día a día.
En total, durante o “Enredando tour R” de 2022 se desenvolveron 18 horas de capacitación en competencias dixitais básicas e 397 obradoiros basados nos menús formativos propostos.
Esperámosvos o ano que ven!