Un Proxecto de:

Novas

Enredando na cidade das Burgas

Esta mañá Enredando Tour estivo na estación de San Francisco de Ourense achegando as nuevo tecnoloxías ás persoas maiores.

📲 O máis importante é que perdan o medo e aprendan o básico para usar os seus móbiles e tablets: navegar por internet, ter unha conta de correo, enviar mensaxes ou facer xestións online da vida diaria, como pedir unha cita médica a través da app do Sergas.

🚑 As seguintes paradas do “Enredando Tour” son:

  • Esta tarde de 16 a 18h. – Praza Igrexa Sagrado Corazón (A Carballeira)
  • Xoves 28/04, de 11 a 13h. – O Pereiro de Aguiar, Praza da Capela (parque ao lado Praza Café)
  • Venres 29/04, de 11 a 13h. – Praza Igrexa Cristo Rei (As Lagoas)

¡Esperámosvos! 😉

✔️ A actividade enmárcase no proxecto de capacitación dixital “Enredando”, que conta co apoio da Xunta de Galicia xorde para reducir a fenda dixital e evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia.

Etiquetas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.