Un Proxecto de:

Novas

Enredando Tour Amtega: Lugo

Desde o pasado 30 de xullo, e ata o 9 de agosto, a furgoneta de Enredando Tour estará pola provincia de Lugo.

Xa estivemos en Samos, Castro Riberas de Lea e Becerreá. Pero seguimos facendo #quilómetrosdixitais pola provincia:

Chantada: 6 agosto

O Incio: 8 agosto

Abadín: 9 agosto

Ves pasar un bo rato con nós e as tecnoloxías??​?​?​?️​?️​⌨️​

    Cruz Vermella e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) desenvolven un ano máis o programa Enredando Tour dirixido principalmente a persoas maiores de 55 anos e a través do cal se realizarán actividades de demostración de tecnoloxías innovadoras e presentes no día a día das persoas como son a realidade virtual ou asistentes virtuais; obradoiros cos que sensibilizar, informar e achegar a tecnoloxía á cidadanía en temas como a ciberseguridade, intelixencia artificial etc.

    O programa formativo completarase con apoio dixital puntual co obxectivo de resolver dúbidas que poida ter a cidadanía en relación ao eido dixital.

    As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono gratuíto 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a galicia@cruzroja.es

    Etiquetas

    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.