Inauguramos Enredando tour R en Lugo

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email

Enredando tour R” está percorrendo este mes de Xullo seis municipios das provincias de Lugo e Pontevedra para favorecer, cos seus obradoiros itinerantes, a inclusión dixital das persoas maiores. A iniciativa “Enredando tour R” enmárcarse no proxecto de Cruz Vermella en Galicia, Enredando, cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas usuarias e avanzar no camiño da alfabetización á autonomía dixital en Galicia.

A acción presentouse o día 20 de Xullo en Lugo nun acto que contou coa presencia do presidente de Cruz Vermella en Lugo, Luís Abelleira; o director de R, Alfredo Ramos; o concelleiro da área de Cohesión Territorial do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, e a responsable autonómica do programa “Enredando”, Trini de Lorenzo. Ademais, durante toda a mañá desenvolvéronse as primeiras actividades na aula móvil formativa instalada na Praza de Anxo Fernández Gómez.

Integración dixital das persoas maiores e Menús formativos (para todos os gustos)

As persoas que participan poden trastear mentras ‘degustan’ un dos catro “menús formativos” que Cruz Vermella e R prepararon para que escolla o que máis se adapte ás súas necesidades e preparación. Os obradorios realízanse en horario de 10:30 h a 13:30 h, no espacio exterior (protexidos por unhas carpas).

Esta é a carta de “Enredando tour R” cos seus 4 menús:

_”Vivo no mundo analóxico, rapaza”; menú básico para comenzar a “enredar” en internet

_”E ti… de quen ves sendo?”: para saber que é e como funciona Whatsapp.

_”Dixitalízate, ho!”: para aprender como se pode acceder ao SERGAS, banco, hacer a compra e, en xeral, como xestionar o máis cotiá por internet.

_”Menú R: móbilR”: como compartir o móbilR con netos/as sen sustos: instalar/desinstalar apps e coñecer Youtube Kids.

Share on linkedin
Share on twitter
Share on facebook
Share on whatsapp
Share on email

Necesitas axuda?