Un Proxecto de:

Novas

Rompendo barreiras: enredando Tour R

A ruptura da fenda dixital, especialmente no colectivo de persoas maiores, é un dos eixos de traballo de Cruz Vermella coas persoas vulnerables. Acceder ao banco, pedir unha cita médica, comprar sen saír de casa… son habilidades que a pandemia sanitaria derivada do COVID fixo case esenciais.

“Enredar” é unha palabra con moitos significados, en castelán e en galego, pero ademais en galego ten un significado particular: enredar é “pasar o intre”. É “discorrer”.

Por iso é o nome que escollemos para os nosos proxectos de apoio dixital, pensando nas persoas que, máis que nunca debido á pandemia, viron incrementadas as dificultades xa existentes, coas propias de non coñecer o mundo dixital.

Que buscamos neste proxecto?

  • Perder o medo: buscamos que quen se acheguen por 1ª vez ao mundo dixital poidan comprender as posibilidades que ofrece, que sintan que non é tan difícil e que teñen capacidade para entrar neste mundo hiperconectado.
  • Ter habilidades básicas: queremos que sexa o principio dun proceso de aprendizaxe do básico, que permita avanzar sobre os fundamentos de cada persoa: aprender a navegar con seguridade por Internet, enviar unha mensaxe ou ter correo electrónico.
  • Garantir o apoio dixital: para calquera dúbida, que se prestará mediante a web de enredando.gal a través do voluntariado de Cruz Vermella e voluntariado corporativo de R.

A actividade enrendando Tour R componse dunha aula móbil (furgoneta) con contidos formativos para romper a fenda dixital.

  • A furgoneta está adaptada para impartir formacións en capacidades e habilidades dixitais, realizar eventos relacionados coa dixitalización social e as novas tecnoloxías.
  • Existen menús formativos sobre diferentes temáticas de utilidade para a alfabetización dixital e/ou a autonomía dixital.
  • Realízanse itinerarios xeográficos por Galicia.​ Nesta edición, o tour R percorrerá 11 localizacións: A Coruña, Cedeira, Viveiro, Sarria, Monforte, Carballiño, Verín, Ou Barco, Lalín, Ponteareas e A Guarda.

enredando Tour R concíbese como un formato showroad: un modo cafetería ao aire libre, apoiado na nosa furgoneta con dotación informática e de comunicacións que servirá de base e centro de control de todo o dispositivo.

Na contorna da actividade, as persoas participantes estarán dispostas en mesas protexidas por unha carpa de 3×3 metros nas que serviremosmenús formativos de capacitación dixital, coordinados por persoal especializado.

Se estás interesado en participar no Tour R, podes pre-inscribirte en: https://forms.office.com/r/JZZHpfg4QH

Etiquetas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.