• Tras 1590 quilómetros percorridos con parada en vinte localidades galegas para promover a capacitación dixital das persoas maiores, o espazo formativo itinerante chega o 25 de setembro a Betanzos da man de Cruz Vermella e Amtega.
• Xunto ao presidente provincial de Cruz Vermella na Coruña e ao director de Amtega, a presidenta da Asociación Española de Banca coñeceu de primeira man os contidos aos que accederon 417 persoas durante os últimos dous meses.
Betanzos…:
- Unha das capitais do antigo Reino de Galicia. A “cidade dos cabaleiros”.
- Sede do Banco Etchevarría, que foi ata a súa desaparición o banco máis antigo de España
Neste roteiro 2024 presentamos algunhas novidades, como a aproximación á realidade virtual inmersiva ou a intelixencia artificial. Ademais, a xira en colaboración con Amtega caracterizouse por novidades como a inclusión de talleres e simuladores de banca dixital e ciberseguridade.
Que mellor lugar pois que Betanzos para finalizar os 1.590 #quilómetrosDixitais que realizamos nestes 2 meses por toda Galicia?
👥 417 participantes 55 e máis anos.
🚦22 localidades galegas.
“Accións formativas e divulgativas como esta son fundamentais para impulsar a autonomía dixital das persoas sen importar a súa idade nin o seu lugar de residencia. Axudar a que unha persoa maior sexa capaz de pedir unha cita médica de forma online polos seus propios medios ou acceder ás súas contas bancarias sen necesitar do apoio dunha terceira persoa son exemplos claros que contribúen a diminuír a fenda dixital aínda existente na nosa sociedade”, destacou o presidente provincial de Cruz Vermella na Coruña, Manuel Viqueira. Así, durante a visita realizada xunto ao director da Axencia para a Modernización Dixital de Galicia (Amtega), Julián Cerviño, e á presidenta da Asociación Española de Banca, Alejandra Kindelán, Viqueira lembrou “o labor fundamental” realizado polas 35 persoas voluntarias e traballadoras de Cruz Vermella que, durante os últimos dous meses, “fixeron posible esta nova edición do ‘Enredando Tour’”.
Banca dixital e ciberseguridade, as novidades de 2024
Grazas á colaboración da Asociación Española de Banca, que facilitou a Cruz Vermella contidos en materia de banca dixital, as persoas que se achegaron á aula formativa itinerante de Cruz Vermella puideron coñecer todos os detalles necesarios para realizar as xestións máis rutineiras coas súas entidades bancarias.
Co obxectivo de coñecer de primeira man a iniciativa, a presidenta da AEB, Alejandra Kindelán, visitou a furgoneta de Enredando en Betanzos e destacou o compromiso da banca para non deixar a ninguén atrás: “Por iso a AEB e os seus bancos están envorcados en achegar a banca dixital a quen queira gozar das posibilidades que ofrece á hora de operar en calquera momento e sen desprazamentos”, subliñou Kindelán. Neste sentido, a presidenta da AEB, que asegurou estar “encantada de que os simuladores elaborados por Somos dixital para a AEB formen parte dos talleres de ‘Enredando Tour’, afirmou que “a dixitalización é unha oportunidade para todos en moitos ámbitos da vida diaria e por iso desde a banca estamos encantados de unirnos a unha iniciativa liderada por Cruz Vermella para dar resposta á gran transformación dixital”.
O director de Amtega, Julián Cerviño, destacou o crecemento experimentado en Galicia nos últimos anos no uso de tecnoloxías entre as persoas maiores. Segundo os datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), son xa preto de un 70% as persoas de entre 65 e 74 anos que usan Internet. Delas, máis da metade utilizan os servizos da banca electrónica e unha porcentaxe similar solicita citas médicas por esta vía. Julián Cerviño destacou a importancia da colaboración os concellos de Galicia para a implantación da rede CeMIT, conformada por 94 aulas repartidas por toda Galicia; e agradeceu a implicación de institucións como a Cruz Vermella en iniciativas como Enredando Tour.