Seguimos enredando! Novas paradas… e non paramos
O Enredando Tour “AMTEGA” 2026 segue sumando quilómetros, sorrisos e moitas ganas de aprender 💙
Nestes últimos días estivemos en Corcubión, Barro, Val do Dubra e Monfero, levando a tecnoloxía a pé de rúa e convertendo cada parada nun espazo de encontro, curiosidade e descubrimento. Porque si, aprender a usar un móbil, probar a realidade virtual ou perderlle o medo á banca online… tamén pode ser divertido 😉
E non só iso! Aproveitamos tamén o Encontro Autonómico de Voluntariado de Cruz Vermella en Baiona para compartir este proxecto e contar máis ao equipo de voluntariado sobre o Enredando Tour “Amtega”. Porque sen elas e eles, isto non sería o mesmo 🙌
E como aquí non se frea… ollo ás próximas paradas:
📍 Coruxo (Vigo): 3 de xullo
📍 Mazaricos: 6 de xullo
📍 Vilaboa: 7 de xullo
📍 Cangas: 9 de xullo
📍 Rois: 14 de xullo
📍 Vilanova: 15 de xullo
Seguimos facendo rede, conectando persoas e demostrando que a tecnoloxía, cando se comparte, sabe moito mellor.
👉 Vémonos na próxima parada!