Finalizamos o roteiro pola provincia da Coruña, e xa levamos… 1.144 quilómetros aprendendo e compartindo coas persoas participantes dos nosos obradoiros.
Frades, Trazo, Tordoia, Cabana de Bergantiños e Boiro foron as localidades por onde pasamos desta vez. Seguimos cara á provincia de Lugo.
Pero antes, querémosvos contar anécdotas que xorden durante o tour. En Frades, alumnado dun campamento municipal achegouse a coñecer o espazo vivencial Enredando.
Chamoulles moito a atención as gafas de realidade virtual e, coa aprobación das monitoras, aquel alumnado que tiñan a idade para usalas estiveron probando na nosa furgoneta o que é a realidade inmersiva.
As persoas maiores que estaban nos obradoiros puideron acompañar ao alumnado infantil e pasar un bo rato compartindo experiencias interxeracionais.