Tras a primeira parada na capital lucense, “Enredando tour R” recalou o xoves 21 en Chantada e o venres 22 en A Fonsagrada. A próxima semana será oturno da provincia de Pontevedra, con escalas en Vigo (27 de Xullo), Pontevedra (28 de Xullo) e A Estrada (29 de Xullo).
Esta é a segunda edición de “Enredando tour R” que en 2021 levou a cabo cerca de medio millar de formacións en diferentes localidades das 4 provincias galegas. Así, o ano pasado se estableceron 11 itinerarios formativos con parada en A Coruña, Cedeira, Sarria, Viveiro, Monforte, Carballiño, Verín, O Barco de Valdeorras, Lalín, Ponteareas e A Guarda, que involucraron a máis de 400 persoas entre persoas usuarias, profesionais e voluntarios de Cruz Vermella.