Fai unhas semanas a furgoneta Enredando voltou á carretera! Cruz Vermella A Coruña e o Concello de A Coruña uníronse para desenvolver o proxecto na cidade dende o 18 de Novembro ata o próximo 30 de Decembro.
8 barrios da cidade son os escenarios nos que se está desenvolvendo esta actividade que aposta por apoiar ás persoas maiores e sensibilizalas no uso das tecnoloxías, así como axudalas a derribar os temores e inseguridades que poidan ter ao respecto.
As persoas maiores que participan están traballando nalgúns dos seguintes aspectos:
- Que é Internet? Para que nos serve? Como poido buscar e como o faigo? Correo electrónico e outras formas de comunicarnos.
- ¿Cómo instalar WhatsApp no teléfono? Uso de WhatsApp.
- Páxinas web de interese. Banca electrónica. Compras online.
No espazo das formacións ofrécese ademais o apoio dixital que necesiten e se quedan con dúbidas ou queren realizar algunha consulta, teñen a opción de receber asesoramento continuado.
A furgoneta Enredando xa estivo nos Mallos e Agra do Orzán.
O calendario no que se desenvolverán as seguintes actividades é:
- Elviña-Eirís:
- 01 e 02 de Decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00h): Porta do Mercado de Elviña.
- 03 de Decembro (10:00-14:00h): Praza de Pablo Iglesias.
- Monte Alto:
- 09 de Decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00h): Praza da Leña.
- 10 de Decembro (10:00-14:00h): Mercado de Monte Alto.
- Cidade Vella:
- 16 de Decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00h): Obelisco.
- 17 de Decembro (10:00-14:00h): Obelisco.
- Catro Camiños:
- 22 de Decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00h): Praza do Corte Inglés.
- 23 de Decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00h): Rúa Gaiteira.
- Riazor:
- 29 de Decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00h): Praza de Lugo.
- 30 de Decembro (10:00-14:00 e de 14:30 a 17:00h): Praza de Pontevedra.