Esta semana, por mor da actividade formativa e itinerante organizada por Cruz Vermella no marco do Convenio de colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, o tour Enredando vai por camiños pontevedreses ??️
A Lama, Cerdedo-Cotobade e hoxe… Oia! Magníficas vistas para aprender gozando. Ese é o noso obxectivo, achegar a tecnoloxía “do día a día” a todas aquelas persoas que por descoñecemento, medo, etc. aínda non se aproximaron a este mundo dixital ??️
Mañá estaremos en Mos, veste? Aínda estás a tempo de unirte, e aproveitar estes últimos días estivais para pasar un bo intre en compañía doutras persoas que, como ti, queren coñecer a mensaxería instantánea ou perfeccionar o que xa saben ??
Tendrás persoal técnico de Cruz Vermella e voluntariado formado nesta temática, para consultarlles todo o que precises. E si, se tes unha dúbida puntual aínda que sexas unha persoa experta en tecnoloxías, tamén estamos para ti ?⛑️
Despois, a furgoneta superequipada con todo o que precises coñecer sobre teléfonos intelixentes, tabletas, portátiles, asistentes de voz etc. seguirá rumbo a Lugo.
Se necesitas máis información sobre esta actividade itinerante, non o dubides e chámanos ao teléfono gratuito 900 825 030
Achégate ao espazo dixital Cruz Roja-AMTEGA!