Hoxe comezamos de novo a rodar en busca da mellora das capacidades dixitais da poboación en Galicia.
Diminuír a fenda dixital na poboación coa que traballa Cruz Vermella é o obxectivo do proxecto “Enredando”, que comenzou no ano 2020 para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, idade, nivel educativo ou lugar de residencia, entre outras. A Organización Humanitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) poñen en marcha unha nova edición de “Enredando Tour”, que recorrerá un total de 20 localidades galegas entre os meses de xullo e setembro de 2023.
Esta actividade está organizada por Cruz Vermella no marco do Convenio de colaboración coa Amtega para a execución do programa formativo itinerante en competencias dixitais. Nesta ocasión, está especialmente dirixida a persoas maiores de 55 anos (aínda que aberta a calquera persoa que desexe participar), coas que se traballára para que aprendan conceptos básicos do uso das tecnoloxías, así como para derribar os temores e inseguridades que poidan ter ao respeito.
Talleres de capacitación dixital e menús formativos
Mediante unha furgoneta superequipada ofrécense contenidos formativos vinculados ás novas tecnoloxías. Nela se transportarán os smartphones, portátiles, tabletas, altavoces intelixentes… e todo tipo de accesorios para facilitar ese achegamento á realidade da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da nosa vida cotiá.
En cada unha das localidades donde recale o tour, instalarase a furgoneta en horario de 10 a 14 horas, incluso polas tardes se as personas participantes teñen interese, e se organizarán varios obradoiros relacionados cos menús existentes. Cada persona participante poderá “pedir” formarse nun ou varios contidos de cada menú. O primordial é que a persoa decida que quere aprender e en que medida quere que Cruz Vermella o acompañe na súa capacitación dixital. Neste espacio, ubicado en prazas ou espazos públicos, as personas que participen poderán trastear con dispositivos tecnolóxicos mentras “degustan” os catro menús formativos que Cruz Vermella e a Amtega prepararon:
- “Vivo no mundo analóxico, rapaza”: menú básico para comezar a “enredar” en internet.
- “E ti… de quen vés sendo?”: para saber que é e como funciona a mensaxería instantánea.
- “Dixitalízate, ho”: para aprender como se pode acceder ao Sergas, facer a compra por Internet e, en xeral, como xestionar o máis cotiá.
- “Menú: divírtete e aprende”: para coñecer utilidades e aplicacións prácticas en Internet.
No espazo das formacións daráselles o apoio dixital que necesiten e se quedan con dúbidas ou queren realizar algunha consulta, teñen a opción de recibir asesoramiento a través de enredando.gal
Recorrido por 20 localidades galegas
A ruta comenzou hoxe na localidade coruñesa de Toques e continuará por un total de 20 localidades galegas de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra ao longo dos próximos meses.
As personas interesadas en participar nas actividades de “Enredando tour” poden charma ao teléfono gratuito 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a galicia@cruzroja.es.