Cruz Roja en A Coruña e a Fundación San Rafael presentaron onte unha nova edición do proxecto ‘Enredando’, unha iniciativa para minguar a “fenda dixital” nas persoas maiores, que é un dos eixos do Programa de Maiores da Fundación San Rafael.
Como 1ª iniciativa, froito da colaboración entre ambas entidades, levaranse a cabo, o 2 e o 4 de outubro no Obelisco e Praza de Lugo (A Coruña) , dous obradoiros na aula móvil doProxecto “Enredando” para apoiar ás persoas que poidan ter dificultades no mundo dixital, ou que simplemente queiran acercarse a coñecer os dispositivos dixitales existentes e que poderían facilitar a súa vida no día a día.
A pretensión é que «a xente perda o medo aos dispositivos dixitales e poidan coñecer tamén asistentes virtuais ou pulseras intelixentes» de cara ao uso de outros dispositivos.
No acto, Dolores Estrada, directora da Fundación San Rafael, destacou a colaboración con Cruz Vermella en A Coruña e remarcou o que supón «o principio dunha serie de actividades nas que o centro de todas elas é poñer o centro na saúde física e emocional das persoas de idade.».
Pola súa banda, Marcos Gómez, secretario provincial de Cruz Roja en A Coruña, señalou que esta iniciativa levarase a «espazos emblemáticos e concurridos da ciudad» con motivo, ademais, do Día Internacional das Persoas de Idade, que se celebra este domingo.