Un Proxecto de:

Noticias

Enredando en… O Pereiro de Aguiar

Hoxe comezamos o roteiro Amtega 2024 pola provincia de Ourense. Arrancamos en O Pereiro de Aguiar, un concello que se atopa a 7 Km da capital lindando cos concellos de Nogueira de Ramuín ao norte, Paderne de Allariz ao sur, Esgos ao este e Ourense ao oeste.

A súa extensión é de 61,1 Km², situándose á esquerda do río Miño. Posúe unha poboación de 6336 habitantes (ano 2012) e está composto por 13 parroquias. O Pereiro de Aguiar pertence á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 6.228 habitantes.

Así foi a primeira parada do #Enredandotour na provincia de Ourense

Moitísimas gracias ao Concello do Pereiro de Aguiar e a todas as persoas que vos achegastes a participar!

Grazas tamén á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) por acompañarnos nesta iniciativa de capacitación dixital.

E grazas, finalmente, a Somos Digital pola súa colaboración ao cedernos algúns dos materiais que empleamos nos obradoiros de banca dixital e ciberseguridade ♀️.

️⛽Continuamos facendo #quiilómetrosDixitais en:

  • Martes 3 de setembro: Cartelle. Zona exterior doauditorio de Outomuro.
  • Mércores 4 de setembro: O Irixo. Praza Maior diante do Concello.
  • Venres 6 de setembro: Viana do Bolo. Explanada diante da Casa da Cultura.
  • Luns 9 de setembro: Monterrei. Rúa Fontiñas nº 2 (Albarellos)

Etiquetas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.