Un Proxecto de:

Novas

Enredando en… O Pereiro de Aguiar

Hoxe comezamos o circuíto Amtega 2024 pola provincia de Ourense. Arrincamos no Pereiro de Aguiar, un concello que se atopa situado a 7 Km da capital lindando cos concellos de Nogueira de Ramuín ao norte, Paderne de Allariz ao sur, Esgos ao este e Ourense ao oeste.

A súa extensión é de 61,1 Km², situándose á esquerda do río Miño. Posúe unha poboación de 6336 habitantes (ano 2012) e está composto por 13 parroquias. O Pereiro de Aguiar pertence á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 6.228 habitantes.

🚑 Así foi a primeira parada do #Enredandotour na provincia de Ourense 💻📲

Moitísimas grazas ao Concello do Pereiro de Aguiar e a todas as persoas que vos achegastes a participar!

Grazas tamén á Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia (Amtega) por acompañarnos nesta iniciativa de capacitación dixital.

E grazas, finalmente, a Somos Digital pola súa colaboración ao cedernos algúns dos materiais que empregamos nos obradoiros de banca dixital e ciberseguridade 🚨​🚓​👮🏽‍♀️​💻​.

🚙​🛣️​⛽​Continuamos facendo #quilómetrosDixitais en:

  • Martes 3 de setembro: Cartelle. Zona exterior do auditorio de Outomuro.
  • Mércores 4 de setembro: O Irixo. Praza Maior diante do Concello
  • Venres 6 de setembro: Viana do Bolo. Chaira diante da Casa da Cultura.
  • Luns 9 de setembro: Monterrei. Rúa Fontiñas nº 2 (Albarellos)

Etiquetas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.