Esta mañá Enredando Tour estivo na estación de San Francisco de Ourense achegando as nuevo tecnoloxías ás persoas maiores.
O máis importante é que perdan o medo e aprendan o básico para usar os seus móbiles e tablets: navegar por internet, ter unha conta de correo, enviar mensaxes ou facer xestións online da vida diaria, como pedir unha cita médica a través da app do Sergas.
As seguintes paradas do “Enredando Tour” son:
- Esta tarde de 16 a 18h. – Praza Igrexa Sagrado Corazón (A Carballeira)
- Xoves 28/04, de 11 a 13h. – O Pereiro de Aguiar, Praza da Capela (parque ao lado Praza Café)
- Venres 29/04, de 11 a 13h. – Praza Igrexa Cristo Rei (As Lagoas)
¡Esperámosvos!
A actividade enmárcase no proxecto de capacitación dixital “Enredando”, que conta co apoio da Xunta de Galicia xorde para reducir a fenda dixital e evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia.