📱🔒 A tecnoloxía tamén é seguridade. Con Enredando Tour “Amtega” achegamos ás persoas maiores ferramentas para navegar con máis confianza, detectar fraudes e gañar autonomía no día a día dixital. 💻❤️
#EnredandoGal #AutonomíaDixital #PersoasMaiores #Ciberseguridade #CruzVermella
As estafas por mensaxería, as chamadas fraudulentas ou os bulos que circulan polas redes forman parte dos riscos aos que nos enfrontamos cada día. Para axudar ás persoas maiores a desenvolverse con maior confianza neste contexto, Cruz Vermella impulsa Enredando Tour “Amtega”, unha iniciativa que promove a autonomía dixital e o uso seguro da tecnoloxía en localidades de toda Galicia.

A través dunha aula móbil equipada con dispositivos como tabletas, teléfonos intelixentes, ordenadores ou lentes de realidade virtual, o proxecto achega formación práctica sobre ciberseguridade, protección de datos, banca dixital e detección de fraudes, sempre cun enfoque próximo e adaptado ás necesidades das persoas participantes.

Na edición de 2026, Enredando Tour acompañou a máis de 240 persoas en 21 localidades galegas, demostrando que a tecnoloxía pode ser unha ferramenta útil para reforzar a autonomía, a participación e a inclusión social.
Enredando Tour acerca o uso seguro da tecnoloxía ás persoas maiores.