Continuamos en #EnredandoTourR da man de@os_de_R
Esta semana xa estivemos en Vigo na zoa peonil do Calvario e na rúa Loureiro Crespo en Pontevedra, desenvolvendo obradoiros de novas tecnoloxías co noso voluntariado.
O xornal Faro de Vigo fíxose eco da actividade, entrevistando a algunhas persoas das asistentes aos obradoiros instalados no Espazo Cruz Vermella-R. Por exemplo, María Dolores Castro, veciña de Pontevedra, di que “O principal xa o domino pero quero aprender a facer fotos”. “Hai moitas cousas que me faltan por descobrer, pero as principais xa as domino”, dice María Dolores, que desde o ano 2017 ten teléfono intelixente. “Estou sempre dalle que te pego co mobil e ao final, aprendo”, explica.
Aos seus 77 anos decidiu asistir ao curso porque “sempre hai cousas que aprender”. A súa filla ensinoulle as cuestións básicas do manexo do móbil, pero agora “quere saber máis sobre facer fotografías”.
En este obradoiro toma moitas notas porque “gústame aprender, pero teño que anotaro todo porque senon me olvido”. Tamén comezou a entrar en Google para buscar datos que lle interesan.
Hoxe finalizará oTour R 2022 en A Estrada.