“Enredando tour R” está percorrendo este mes de Xullo seis municipios das provincias de Lugo e Pontevedra para favorecer, cos seus obradoiros itinerantes, a inclusión dixital das persoas maiores. A iniciativa “Enredando tour R” enmárcarse no proxecto de Cruz Vermella en Galicia, Enredando, cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas usuarias e avanzar no camiño da alfabetización á autonomía dixital en Galicia.
A acción presentouse o día 20 de Xullo en Lugo nun acto que contou coa presencia do presidente de Cruz Vermella en Lugo, Luís Abelleira; o director de R, Alfredo Ramos; o concelleiro da área de Cohesión Territorial do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, e a responsable autonómica do programa “Enredando”, Trini de Lorenzo. Ademais, durante toda a mañá desenvolvéronse as primeiras actividades na aula móvil formativa instalada na Praza de Anxo Fernández Gómez.
Integración dixital das persoas maiores e Menús formativos (para todos os gustos)
As persoas que participan poden trastear mentras ‘degustan’ un dos catro “menús formativos” que Cruz Vermella e R prepararon para que escolla o que máis se adapte ás súas necesidades e preparación. Os obradorios realízanse en horario de 10:30 h a 13:30 h, no espacio exterior (protexidos por unhas carpas).
Esta é a carta de “Enredando tour R” cos seus 4 menús:
_”Vivo no mundo analóxico, rapaza”; menú básico para comenzar a “enredar” en internet
_”E ti… de quen ves sendo?”: para saber que é e como funciona Whatsapp.
_”Dixitalízate, ho!”: para aprender como se pode acceder ao SERGAS, banco, hacer a compra e, en xeral, como xestionar o máis cotiá por internet.
_”Menú R: móbilR”: como compartir o móbilR con netos/as sen sustos: instalar/desinstalar apps e coñecer Youtube Kids.