O Cluster Saúde de Galicia entregou a Cruz Vermella o Premio Impacto nas persoas ao proxecto Enredando na entrega dos Premios RIES21.
Este proxecto ten como obxectivo xeral reducir a fenda dixital entre a poboación á que atende a Organización en Galicia. Trátase dun proxecto de capacitación dixital que xorde para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros.
O pasado 10 e 11 de Novembro celebrouse o VI Fórum RIES 2021 no Balneario de Mondariz, Pontevedra. Un punto de encontro para reflexionar e coñecer máis sobre o ecosistema de saúde galego organizado polo Cluster Saúde de Galicia. O premio foi recollido polo secretario autonómico Marcos Gómez Paz. Na gala de entrega dos Premios RIES21, o galardón recoñece o traballo da entidade a prol da tecnoloxía como oportunidade sen precedentes para dar resposta a moitas das necesidades e problemas máis importantes aos que cada día enfróntase a poboación. O acceso ás tecnoloxías da comunicación xa non son unha vía de mellora, senón un elemento imprescindible sen o acceso ao cal as persoas están, simplemente, fóra do acceso a moitos servizos privados e públicos. O coñecemento, a capacitación e o apoio dixital dirixido ás persoas maiores, reduce os seus niveis de estrés ao traballar con dispositivos electrónicos, mellorando aspectos como a súa autoconfianza e benestar psico-social.
Atopa o resumo do proxecto na seguinte ligazón: