Enredando Tour AMTEGA 2026 pecha a súa ruta pola provincia de Ourense… e non podemos dicilo doutro xeito: foi todo un éxito!
Vilar do Barrio, Riós, Vilardevós, A Teixeira e Montederramo convertéronse durante estes días en puntos de encontro onde a tecnoloxía deixou de ser algo distante para pasar a ser algo próximo, útil e mesmo divertido.
Táblets, móbiles, realidade virtual, banca electrónica ou ciberseguridade… pero sobre todo, moitas ganas de aprender, compartir e seguir conectando. Porque se algo nos levanos desta etapa é que non hai idade nin lugar que limite as ganas de descubrir.
Grazas a todas as persoas que participaron, ao equipo e ao voluntariado que fixeron posible cada parada. 💙
Agora o tour continúa o seu camiño… e seguimos enredando!