Un Proxecto de:

Novas

Ponteareas celebra o Día Internacional das Persoas Maiores achegando a tecnoloxía á cidadanía

Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, Cruz Vermella organizou en Ponteareas unha xornada de divulgación tecnolóxica destinada a achegar á cidadanía ferramentas e solucións que contribúen a mellorar a autonomía, a seguridade e a calidade de vida das persoas maiores.

A actividade permitiu ás persoas asistentes coñecer de forma práctica diferentes recursos tecnolóxicos orientados ao envellecemento activo, a inclusión dixital e os coidados no fogar. Trátase dunha mostra do compromiso de Cruz Vermella por impulsar unha tecnoloxía próxima, accesible e pensada para responder ás necesidades reais das persoas.

A xornada serviu tamén para sensibilizar sobre as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías para fomentar a independencia, combater a fenda dixital e favorecer que as persoas poidan permanecer máis tempo nos seus fogares e na súa comunidade con maior benestar.

Desde Enredando.gal seguimos traballando para demostrar que a tecnoloxía non é só unha ferramenta dixital: é tamén unha oportunidade para conectar persoas, fortalecer comunidades e promover un envellecemento máis activo e participativo.

Etiquetas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.