A finais de maio andivemos facendo quilómetros dixitais pola provincia de Pontevedra… Forcarei, Ponte Caldelas, Ribadumia e O Rosal.
Durante os últimos días, desde Enredando.gal puxémonos en marcha para levar a tecnoloxía máis innovadora a diferentes puntos da provincia de Pontevedra, cunha ruta repleta de actividades prácticas e formativas.
🟢 Obxectivo? Achegar a banca dixital e a ciberseguridad á cidadanía e fomentar a confianza no uso das novas ferramentas tecnolóxicas. E todo isto, sen esquecer o toque innovador: gafas de realidade virtual que fixeron as delicias das persoas asistentes, maiores e novas.
No espazo vivencial realizamos:
- Obradoiros prácticos sobre banca dixital segura, como facer operacións básicas, evitar fraudes ou xestionar pagos dende o móbil.
- Obradoiros para mellorar as capacidades dixitais na procura de emprego.
- Experiencias inmersivas con realidade virtual, para amosar outras posibilidades da tecnoloxía e xerar curiosidade e aprendizaxe lúdica.
🔍 O que máis valoraron as persoas participantes? A proximidade, a claridade das explicacións e a posibilidade de probar por si mesmas tecnoloxías que, en moitos casos, lles resultaban descoñecidas.
Desde Enredando.gal seguiremos impulsando este tipo de iniciativas que poñen as persoas no centro da transformación dixital, con especial atención a quen máis o precisa.