Un Proxecto de:

Novas

Tour AMTEGA pola provincia de A Coruña, finalizado

Hoxe finalizamos o tour pola provincia de A Coruña… Toques, Cabañas, Mesía e Arteixo foron os concellos seleccionados para que a poboación con 55 e máis anos poida consultar as súas dudas en materia dixital, perder o medo ás tecnoloxías “do día a día” e acudir aos obradoiros de capacitación dixital. Grazas a todas as persoas asistentes aos talleres, ao persoal dos concellos pola súa colaboración para poder instalar o espazo Cruz Vermella-AMTEGA e a difusión da actividade e por suposto ao voluntariado da entidade que, novamente, conseguiu que os talleres e as consultas realizadas resolvéronse dunha maneira lúdica e amena. Poñemos rumbo a … Pontevedra! Esperamos que a actividade sexa tamén un éxito nesta provincia, seguro que si!

Seguimos na estrada para chegar a cada vez maís persoas que desexan incluirse ou aproximarse ao mundo dixital!

Véste? 🚙 🖥️ 🖱️ ⌨️ 🎏

Etiquetas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.