💳 Rois e Vilanova de Arousa poñen o broche final ao percorrido por A Coruña e Pontevedra
Enredando Tour AMTEGA 2026 continúa avanzando e, nestes días, fixemos parada en Rois e Vilanova de Arousa, completando así o
A tecnoloxía ofrece unha oportunidade sen precedentes para dar resposta a moitas das necesidades e problemas máis importantes que poden xurdir no día a día das persoas. Desde Cruz Vermella detectouse que en Galicia é necesario o paso da alfabetización dixital á autonomía dixital, e a Organización traballa diariamente con este eixo estratéxico como prioritario. Neste sentido, Enredando concíbese como un espazo lúdico cun formato aberto de aprendizaxe, no que a metodoloxía utilizada está moi centrada nos coñecementos previos da persoa, así como nos seus intereses de aprendizaxe.
Roteiro AMTEGA: desenvolvemento do programa formativo itinerante en competencias dixitais, orientado a fomentar o uso de tecnoloxía prioritariamente entre o colectivo de persoas maiores no ámbito rural galego.
Desde o comezo do proxecto, realizáronse os seguintes roteiros en Galicia:
– Roteiro R.
– Roteiro en alianza co Concello de A Coruña.
– Roteiro liderado por Cruz Vermella Ourense.
– Roteiro en alianza con Vertex.
Desde que Cruz Vermella arrincou o circuíto Enredando en setembro de 2021, son xa moitos os quilómetros de acompañamento e apoio dixital que realizamos. Ata setembro de 2023 percorremos 58 localidades galegas, acudindo principalmente a concellos con menos de 5.000 habitantes. Nos circuítos realizados ata o momento, ofrecemos obradoiros personalizados segundo os intereses, motivacións e dificultades das persoas usuarias que nos acompañaron. Algunhas veces, as persoas participantes achegáronse ao noso espazo dixital para coñecer que tipos de dispositivos dixitais existen e que se pode facer con eles. Outras, necesitaban consultarnos algunha dúbida ou mellorar en concreto unha capacidade dixital… chegar a todas e cada unha das persoas que nos contactaron mediante a aula móbil, é unha das maneiras que ten Cruz Vermella para contribuír a que as persoas consigan a autonomía dixital.
Enredando Tour AMTEGA 2026 continúa avanzando e, nestes días, fixemos parada en Rois e Vilanova de Arousa, completando así o
O Enredando Tour AMTEGA 2026 continúa facendo paradas e sumando experiencias en toda Galicia. Nas últimas semanas estivemos en Coruxo
Seguimos enredando! Novas paradas… e non paramos O Enredando Tour “AMTEGA” 2026 segue sumando quilómetros, sorrisos e moitas ganas de
Enredando Tour AMTEGA 2026 pecha a súa ruta pola provincia de Ourense… e non podemos dicilo doutro xeito: foi todo
Enredando Tour AMTEGA 2026 xa está en marcha, unha nova edición desta iniciativa que volve percorrer o territorio achegando a
“La fuerza de un equipo radica en la unión de sus piezas, igual que en un Lego. Juntos, podemos construir
Se precisas axuda dixital non dubides en chamar ao 900 825 030 ou escribirnos a galicia@cruzroja.es
©Cruz Roja Española 2023. Todos os dereitos reservados. Pulse aquí para consultar os ASPECTOS LEGALES
Axencia de Colocación autorizada co número 9900000098
©Cruz Roja Española 2023. Todos os dereitos reservados. Pulse aquí para consultar os ASPECTOS LEGALES
Axencia de Colocación autorizada co número 9900000098