Un Proxecto de:

Novas

A robótica social como acompañamento na soidade non desexada

No marco das actividades desenvolvidas no proxecto LAR de atención á soidade non desexada, prantexamos una experiencia innovadora baseada en robótica social. Esta tivo como obxectivo observar a contribución da robótica social nos aspectos psico-sociais vinculados ás situacións de soidade.

Deseñouse un living lab comunitario de tecnoloxía robótica ao servizo das persoas, en concreto, aquela implicada na mellora do benestar psico-social de persoas en situación de vulnerabilidade (persoas maiores e/ou con discapacidade). A hipótese de partida foi observar se a presenza similar (humano vs. robot) facilita as interaccións, fai que estas se desenvolvan como máis naturais e permite traballar aspectos relacionados co benestar psico-social e as habilidades comunicativas que, a calquera idade, poden mellorar a participación social proveitosa e efectiva, á marxe do illamento social. En concreto, no que refire á intervención, realizáronse dúas accións destacables.

Observación macro: O valor da experiencia

Cruz Vermella buscou subliñar na Coruña a importancia de sumar vida aos anos, e non ao revés, compartindo a experiencia de ‘referentes de onte e de hoxe”. No acto conducido pola actriz, presentadora e cantante Teté Delgado, o divulgador interxeracional autodenominado “xubilado outsider” Xaime Fandiño, o novo árbitro e influencer Juan Sieira e o robot Pepper compartiron a súa visión acerca do papel que han de ter as persoas maiores na sociedade.

Un resultado relevante da presenza dos robots sociais neste evento foi a maior participación e interacción das persoas maiores no acto. Os robots actuaron como elementos dinamizadores, xerando curiosidade e facilitando que as persoas se implicasen máis na actividade.

Enfoque micro: A Cantina Social no rural lucense

Por outra, desde un enfoque micro, os robots interaccionaron cun grupo máis pequeno de persoas que viven soas nunha zona rural de Galicia, o lugar de Reigosa na parroquia de A Pastoriza (Lugo). Nesta ocasión, a acción desenvolveuse no marco del proxecto de innovación social “A Cantina Social“.

O proxecto é unha iniciativa itinerante deseñada para acompañar a quen máis o necesitan: as persoas maiores do medio rural. A Cantina Social, a bordo dunha furgoneta tipo camper especialmente acondicionada como punto de encontro móbil, ten como misión recuperar a esencia das antigas “cantinas rurais”: espazos de convivencia, charla e acompañamento nos que a comunidade volve reunirse.

Con esta proposta, Cruz Vermella busca revivir a función social da vella cantina rural como punto de encontro. Á proposta de compartir café para combater a soidade, sumouse un robot social que interactúa coas persoas maiores, promovendo o benestar emocional e a estimulación cognitiva.

Este novo compañeiro tecnolóxico non só conversou, senón que propón xogos, exercicios de memoria e dinámicas grupais que fortalecen os vínculos entre participantes. A iniciativa buscou romper barreiras dixitais e emocionais, integrando o humano e o tecnolóxico nun espazo seguro e afectivo.

Unha actividade que transforma a cantina nun lugar aínda máis vivo, onde a tecnoloxía se pon ao servizo da compañía e do coidado. Como conclusión principal, observouse que o robot social é unha boa ferramenta para a aprendizaxe tecnolóxica xa que as persoas participantes familiarizáronse coa proposta innovadora, reducindo a fenda dixital. Ademais, observouse que é un instrumento válido para a estimulación cognitiva e emocional xa que as funcionalidades do robot (conversación, xogos, recordatorios) contribuiron a manter a mente activa e mellorar o estado anímico.

El proyecto LAR contra la soledad no deseada en Galicia está financiado en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, a través de los fondos europeos Next Generation IU, y se desarrolla mediante un convenio de colaboración entre la Consellería de Política Social e Igualdad de la Xunta de Galicia y Cruz Roja.

Etiquetas

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.